Xuntanza anual de soci@s

O vindeiro venres 10 de febreiro celebraremos a xuntanza anual de soci@s no Multiusos da Xunqueira ás 20:00 horas.

É moi importante que asistamos tod@s para poder tomar decisións que encamiñen a nosa asociación cara ás nosas necesidades.

Como é habitual, contaremos con servizo de gardería.

Advertisements

Actividades de Nadal

Informámosvos das próximas actividades que imos desenvolver na asociación.

Estamos xa cos preparativos da festa de Nadal para @s nos@s soci@s infantís. Imola celebrar o vindeiro 3 de xaneiro entre as 18:00 e as 20:00 horas. O lugar escollido será o multiusos da Xunqueira, en Redondela.

Contaremos primeiro cunha actuación sorpresa para as nenas e nenos seguida dunha merendola,  e para rematar porémonos tod@s a balilar. Ao final todol@s nen@s terán unha sorpresa.

“NON VOLA PODEDES PERDER”

Queremos tamén que participedes no noso 1º Concurso de Debuxo, para o cal teredes que traer o voso traballo feito para o día da festa.

Haberá dúas categorías:

  • de 0 a 5 anos
  • de 6 en diante

Debedes entregar os debuxos en tamaño folio e o tema será libre. O traballo gañador será  publicado na revista.

“ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR”

Por outro lado, adiántovos que imos celebrar a nosa asamblea anual de soci@s o vindeiro 10 de febreiro ás 20:00 horas no multiusos da Xunqueira.  Sei que aínda falta mes e medio pero pídovos que reservedes un oco para poder asistir, xa que é moi importante que nos reunamos todos para tomar decisións que encamiñen a nosa asociación cara ás nosas necesidades. Estamos programando unha actividade paralela para que @s nos@s nen@s estean entretid@s durante a asamblea.

Antonio García, Presidente da Asociación.