Informámosvos das próximas actividades que imos desenvolver na asociación.
Estamos xa cos preparativos da festa de Nadal para @s nos@s soci@s infantís. Imola celebrar o vindeiro 3 de xaneiro entre as 18:00 e as 20:00 horas. O lugar escollido será o multiusos da Xunqueira, en Redondela.
Contaremos primeiro cunha actuación sorpresa para as nenas e nenos seguida dunha merendola, e para rematar porémonos tod@s a balilar. Ao final todol@s nen@s terán unha sorpresa.
“NON VOLA PODEDES PERDER”
Queremos tamén que participedes no noso 1º Concurso de Debuxo, para o cal teredes que traer o voso traballo feito para o día da festa.
Haberá dúas categorías:
- de 0 a 5 anos
- de 6 en diante
Debedes entregar os debuxos en tamaño folio e o tema será libre. O traballo gañador será publicado na revista.
“ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR”
Por outro lado, adiántovos que imos celebrar a nosa asamblea anual de soci@s o vindeiro 10 de febreiro ás 20:00 horas no multiusos da Xunqueira. Sei que aínda falta mes e medio pero pídovos que reservedes un oco para poder asistir, xa que é moi importante que nos reunamos todos para tomar decisións que encamiñen a nosa asociación cara ás nosas necesidades. Estamos programando unha actividade paralela para que @s nos@s nen@s estean entretid@s durante a asamblea.
Antonio García, Presidente da Asociación.