Bos momentos de convivencia

… pasamos un día moi agradable, compartindo xogos, charlas e risas.

Comezouse a xornada cun obradoiro de cociña no que @s nen@s disfrutaron facendo pasteis recheos de marmelada e pinchos de froita. Despois houbo un xantar con un  descansiño e xa pola tarde voltamos outra vez á actividade: cama elástica e xogos de orientación.

Redondela TV entrevista ao noso presidente

Aquí deixamos a ligazón á entrevista que a televisión local lle fixo a Antonio sobre a nosa asociación. Interesante, non vola perdades!

Premede aquí.

Grazas a Redondela TV pola axuda que supón esta reportaxe na difusión e sensibilización sobre as necesidades especiais.

Oferta de emprego para soci@s

Necesitamos cubrir os seguintes postos para a xornada do día 21:

PERSOAL                      TAREFA A DESEMPEÑAR

Axudante de cociña:      vixiar que os participantes non coman os traballos

Fotógraf@:                      unha cámara e moita paciencia

Coordinador/a:              pouca vergoña, saber tirar un trompo e saltar á corda

Monitor/a de cama elástica:  un silbato e un reloxo

IMPORTANTE: Non é necesario acreditar experiencia algunha ou título universitario. Entregar o curriculum o día 21 no pazo.

Seguro que entre tod@s facemos un bo equipo!

Arte do posible

Moitas son as definicións que se fixeron ao longo da historia da palabra política. Despois de ter repasado algunhas delas preferimos quedarnos coa que di que a política é a xestión do ben común ou a arte do posible.

Pois ben, definíndonos así, continuamos afirmando que non hai ben máis común que o futuro d@s nos@s nen@s. O futuro de tod@s. Facemos esta reflexión  porque algúns d@s nen@s da nosa asociación están participando nos campamentos de verán organizados polo concello.

Apostar pola integración d@s nen@s con necesidades especiais sempre contando cos apoios necesarios é unha aposta de futuro. É demostrar que cremos nunha sociedade presente e futura mellor. Andaina traballa por todo un colectivo de nen@s na comarca de Redondela co obxectivo de facer posible unha inclusión feita nas mellores condicións. E por iso que traballamos pol@s nos@s pequen@s,  facilitarlles agora os soportes necesarios significa que poderán desenvolverse ao seu ritmo deixando algún día eses soportes.

Garantir aos colectivos máis desfavorecidos os seus dereitos debe ser unha prioridade para poder dicir finalmente que a política é a arte do posible.

Un día no pazo

O sábado 21 de xullo celebraremos a nosa primeira xornada de convivencia no pazo de Pousadouro.

Animádevos a participar! É unha boa oportunidade para conocernos mellor, disfrutar dun día de verán xuntos nun pazo fermosísimo e compartir novas experiencias.