Programación de actividades para o curso 2012-2013

Xa podedes consultar toda a información sobre as actividades previstas para este curso, premede aquí para descargar o arquivo. Se tedes algunha dúbida contactade connosco.
Non vos esquenzades, hai prazas limitadas!

Advertisements

INFORMACIÓN: 15 de setembro, Andaina en San Simón

O sábado 15 de setembro a nosa asociación xunto coa colaboración do concello de Redondela organiza unha visita á illa de San Simón, a saída está prevista dende Cesantes ás 16:30. Todas as persoas interesadas poderán facer a inscrición enviando un correo electrónico a andainaredondela@hotmail.com indicando os datos persoais (nome e teléfono de contacto) e o número de persoas que asistirán. Hai límite de prazas ata 50 co que a selección farase por orde de chegada dos correos tendo preferencia  @s soci@s de Andaina.

A primeira semana de setembro enviarásevos un correo de confirmación da vosa inscrición. Se queredes máis información non dubidedes en enviar un correo ou chamar ao noso número de contacto.

Planetamóvil

Poñemos en coñecemento de tod@s @s soci@s que dende a Concellaría de Servizos Sociais, Muller e Igualdade do concello de Redondela enviousenos a seguinte proposta para participar na actividade Planetamóvil.

Celebrarase no Multiusos de Redondela do 7 ao 17 de agosto con proxeccións ás 10:30, 11:30 e 12:30 cunha duración aproximada de 15 minutos. A través destas proxeccións nunha cúpula hinchable tratarase de achegar aos máis pequenos o coñecemento da natureza dende diferentes ópticas.

Esta é unha actividade gratuíta enfocada para realizar en familia (menores co pai e coa nai, avó, avoa…) e apta para todos os públicos. 

Para máis información podedes dirixirvos ao CIM do concello (Centro de Información ás Mulleres), na rúa Isidoro Queimaliños, núm. 2 , ou chamando ao 986 40 80 43.