Comezan as sesións de musicoterapia!

Esta semana comezan as actividades da Asociación Andaina.

O xoves 4 de outubro iniciamos a aula de musicoterapia. A actividade realizarase no Multiusos da Xunqueira de Redondela (aula multimedia, 1º andar). Nesta primeira sesión, a musicoterapeuta pídenos que as nais/pais asistades para facervos unha pequena introdución. Como xa vos informamos o prezo da actividade será de 7 € para os socios e o pago farase na mesma aula.

Esperámosvos a tod@s o xoves as 17:00horas