Reforzo escolar

Retomamos con Marta Bouzón as sesións de reforzo escolar os mércores ás 18:30 onde os vosos fillos recibirán unha atención individualizada nas materias que máis o precisen co obxectivo de mellorar o seu rendemento escolar e o seu desenvolvemento persoal.

Traballaranse as diferentes materiais académicas, ademáis de actividades de memoria, atención e lóxica.


Animadevos!

Programación de actividades 2013

Acabamos de rematar un ano que para Andaina foi o principio de varios proxectos que terán continuación durante o 2013. Son as actividades que citamos a continuación, todas elas impártense no Multiusos da Xunqueira:

  • Reforzo Escolar: ( aínda que a profe Marta non nos deu vacacións…) a partir de xaneiro seguimos coas clases dos mércores as 18:30h
.
  • Musicoterapia:  retomaremos de novo as sesións no mes de febreiro, os xoves de 17:00 a 18:00 con Andrea Navarrete.
  • Habilidades Sociais: rematamos a primeira parte, e despois dun
 merecido descanso, iniciamos unha segunda parte co seguinte
 calendario, sempre os venres as 19:30h.
 O grupo de pequenos (de 4 a 9 anos)
 con Vanesa aos mandos, seran os primeiros en comenzar nas seguintes datas:
 Xaneiro 11 e 25; Febreiro 8 e 22; Marzo 8 e 22; Abril 12 e 26; Maio
10 e 31; Xuño 14 e 28
. Os maiores (de 9 a 15 anos)
 comandados por Ángeles, comenzaran coas seguintes datas:
 Xaneiro 18; Febreiro 1 e 15; Marzo 1 e15; Abril 5 e 19; Maio 3 e 24;
 Xuño 7 e 21.

Lembrámosvos que as actividades están abertas a tódalas nenas e nenos con necesidades especiais, soci@s ou non,  e que nos
 grupos de Habilidades Sociais aínda pode haber novas
 incorporacións, namentras que en reforzo e musicoterapia, pódense facer novos grupos cando haxa un mínimo de nen@s.

Animádevos a participar!

cartel actividades 2012-13  jpg

Obradoiro de Nadal

obradoiro nadal

O pasado 15 de decembro organizamos un obradoiro matinal de decoración navideña no que @s nos@s nen@s pasaron un bo rato coa axuda de Vanesa, Angeles e Bea.

Primeiro comezamos por unha presentación da actividade e un repaso dos materiais que tiña cada un para facer a árbore de Nadal.

As monitoras deron as instruccións pasiño a pasiño para que todos puidesen seguir o proxecto ao seu ritmo. Todos os participantes traballaron moi ben e, sobre todo, con moita ilusión.

Ao final puideron levar as súas creacións para compartilas coas súas familias.

Disfrutaron deste obradoiro os habituais: Iván, Ismael Osa, Alex Pais, Aarón García, Alex e Manuel,  e unha nova socia, Laura, á que dende aquí lle damos a benvida.

obradoiro nadal 2