Campaña de renovación e captación de soci@s 2013

Continuamos a traballar duro pola nosa asociación. Como ben sabedes é fundamental manter o número de soci@s e mesmo aumentalo para poder levar a cabo os nosos obxectivos de traballo pola infancia con necesidades especiais. Así que animámosvos dende aquí a unirvos a esta causa.

Podedes  colaborar de dous xeitos:

  • facéndote soci@ (20 euros anuais) e beneficiándote das vantaxes da asociación.
  • en forma de doazón coa cantidade que ti elixas.

Só tes que pasar pola oficina de La Caixa en Redondela e facer o ingreso na conta de Andaina nº 2989 02 000 76790. Aquelas persoas que non teñades conta nesta entidade podedes facer o ingreso no propio caixeiro para que non vos cobren comisión. Unha vez teñades feito o pagamento podedes enviar copia do xustificante xunto co formulario de socio que podedes descargar da nosa páxina.

Lembramos @s que xa son soci@s que está aberto tamén o prazo  para  a renovación.

Grazas a tod@s de antemán.

Primeiros premios da Asociación Andaina Redondela

Desde a Asociación Andaina convocamos a primeira edición dos nosos premios dirixidas a contribuír a normalizar a diversidade.

Presentámolo en dúas vertentes;  unha dirixida a desenvolver e fomentar a creatividade entre o alumnado de primaria e secundaria, a través de certames de debuxo e obras audiovisuais, respectivamente, e outra na que pretendemos recoñecer a aquelas persoas ou entidades que se teñan destacado na defensa do noso que, en realidade é o de todos.

Aquí están as bases.