Continuamos a traballar duro pola nosa asociación. Como ben sabedes é fundamental manter o número de soci@s e mesmo aumentalo para poder levar a cabo os nosos obxectivos de traballo pola infancia con necesidades especiais. Así que animámosvos dende aquí a unirvos a esta causa.
Podedes colaborar de dous xeitos:
- facéndote soci@ (20 euros anuais) e beneficiándote das vantaxes da asociación.
- en forma de doazón coa cantidade que ti elixas.
Só tes que pasar pola oficina de La Caixa en Redondela e facer o ingreso na conta de Andaina nº 2989 02 000 76790. Aquelas persoas que non teñades conta nesta entidade podedes facer o ingreso no propio caixeiro para que non vos cobren comisión. Unha vez teñades feito o pagamento podedes enviar copia do xustificante xunto co formulario de socio que podedes descargar da nosa páxina.
Lembramos @s que xa son soci@s que está aberto tamén o prazo para a renovación.
Grazas a tod@s de antemán.