A asociación Andaina pide desculpas polas posibles molestias causadas ás familias que participaron na sesión de musicoterapia e informa de que o cambio de sala foi motivado por causas alleas á nos.
A Concellaría de Servizos Sociais informou o mesmo día da celebración da sesión de musicoterapia de que teríamos que deixar a sala que pediramos (por escrito en rexistro coa antelación suficiente) ás 17:30 cando a tiñamos aprobado o seu uso ata as 18:30. Este feito motivou que se tomara a decisión de trasladar a actividade a outra aula coa conseguinte incomodidade para as familias participantes en dita sesión.