Día: 15 de xuño
Hora: 20:30
Lugar: Multiusos de Redondela
Entrada de balde
Xa está preparada a programación para a nosa gala do vindeiro sábado. Queremos compartir con todos vós un ano de moito traballo pero tamén de moitas satisfaccións.
O programa será o que sigue con presentación a cargo de Paulo Medal de Redondela TV:
- proxección das curtametraxes de Manuel e de Alex
- entrega dos premios do concurso de debuxo e do premio a entidade local, fotomontaxe da nosa asociación.
- remataremos cun concerto de Tangata, o recoñecido cuarteto de tangos, con Artigas Anelo, Gustavo Barcia, Laura Quintillán e Alberto Vilas.
Agardamos a vosa asistencia.