“El amor a los 20 años” gañadora

sofía

Esta é a curtametraxe gañadora da sección Andaina na décima edición do festival Redondela En Curto.

El amor a los 20 años, dirixida por Javier R. Espinosa e producida por Asombra Films, reflexa con nitidez o lugar que se lles da ás persoas con diversidade funcional na nosa sociedade.

Sofía é unha moza de 20 anos, que ten unha vida moi similar a outras persoas da súa idade pero condicionada polo feito de ter síndrome de down. Os seus desexos de relacionarse e vivir como unha máis vense limitados polos prexuízos das persoas neurotípicas.

Podedes consultar aquí a ficha técnica.

Queremos agradecer á organización do festival, especialmente ao seu director Fernando Carreira, o compromiso con Andaina para darlle visibilidade á discapacidade a través do bo cine.

Advertisements

Redondela en Curto coa diversidade funcional: compromiso activo do festival nacional de curtametraxes

E un ano máis na súa X edición o festival redondelá de curtametraxes de referencia no panorama nacional comprométese activamente coa nosa asociación e faille espazo á diversidade funcional.

A sección Andaina será o sábado 26 ás 16:45 . A presentación correrá a cargo de Loira Fernández, ouro e récord de España en 100 bolboreta, ouro e prata en 200 libres en competición Síndrome de Down.

redondela en curto

Un obradoiro con moito ritmo!

O pasado 11 de abril celebrouse o obradoiro de musicoterapia dirixido por Andrea Gómez Navarrete. Tratábase de facer unha aproximación á musicoterapia para nenas e nenos con necesidades especiais e as súas familias. Foi moi gratificante comprobar que tamén asistiron persoas non vinculadas directamente a asociación e desde aquí queremos agradecer o seu interese e participación.

Andrea conseguiu crear un ambiente agradable no que puidemos disfrutar e aprender da diversidade como un elemento enriquecedor e necesario.

taller musicot

2 de abril, autismo

Hoxe conmemórase o día mundial de concienciación sobre o autismo. Como moitos de vós xa saberedes o autismo é un trastorno profundo do desenvolvemento con orixe xenética. Un de cada 150 nenos ten un diagnóstico de autismo, aínda así segue a ser un descoñecido para a sociedade.

Dende a nosa asociación convidámosvos a participar na iniciativa coa que se pretende dar maior visibilidade a este trastorno: a colocación de globos azuis nas vosas casas ou lugares de traballo durante este día.

collage autismo