Hoxe conmemórase o día mundial de concienciación sobre o autismo. Como moitos de vós xa saberedes o autismo é un trastorno profundo do desenvolvemento con orixe xenética. Un de cada 150 nenos ten un diagnóstico de autismo, aínda así segue a ser un descoñecido para a sociedade.
Dende a nosa asociación convidámosvos a participar na iniciativa coa que se pretende dar maior visibilidade a este trastorno: a colocación de globos azuis nas vosas casas ou lugares de traballo durante este día.