O venres 24 celebrouse a xuntanza anual de socias e socios de Asociación Andaina, na que se resentou a memoria das actividades e económica de 2016, ademáis dos proxectos e actividades para 2017 que se englobarán en tres liñas de actuación: terapéuticas, sociais e de accesibilidade.
Dende a xunta directiva queremos agradecer a vosa asistencia.
Lembrámosvos os nosos obxectivos que teñen como finalidade mellorar a vida das persoas con diversidade e as súas familias:
- Dar apoio e asesoramento.
- Realizar actividades complementarias á educación regrada.
- Acadar a inclusión social actuando fundamentalmente a nivel local.
- Difundir, concienciar e sensibilizar.
- Velar polos dereitos das nenas e nenos con diversidade para que poidan construir o seu futuro en condicións de igualdade plena.