Aquí está dispoñible toda a información relativa ao VI Festival Internacional de Curtametraxes e Diversidade Funcional Andaina Redondela.
Aquí a convocatoria para escolares dos Premios Andaina do VI certame de debuxo.
No mes de abril Asociación Andaina organiza un club de lectura fácil, unha nova iniciativa en colaboración co Concello de Redondela, a Biblioteca Pública Municipal e a Fundación Filomena Rivero Alonso.
O club de lectura estará destinado a persoas con distintas capacidades lectoras e/ou dificultades de comprensión e será dinamizado pola traballadora social de Andaina e unha persoa voluntaria, terá periodicidade mensual.
Os obxectivos desta proposta son os seguintes: