Acerca de andainaredondela

Asociación de nais e pais de nen@s con necesidades especiais

FIC Andaina 2018

Aquí está dispoñible toda  a información relativa ao VI Festival Internacional de Curtametraxes e Diversidade Funcional Andaina Redondela.

Aquí a convocatoria para escolares dos Premios Andaina do VI certame de debuxo.

 

Club de lectura fácil, creando espazos lectores inclusivos.

No mes de abril Asociación Andaina organiza un club de lectura fácil, unha  nova iniciativa en colaboración co Concello de Redondela, a Biblioteca Pública Municipal e a Fundación Filomena Rivero Alonso.

O club de lectura estará destinado a persoas con distintas capacidades lectoras e/ou dificultades de comprensión e será  dinamizado pola traballadora social de Andaina e unha persoa voluntaria, terá periodicidade mensual.

Os obxectivos desta proposta son os seguintes:

  • crear un novo espazo lector inclusivo na BPM de Redondela
  • ofrecer un servizo adaptado ás necesidades de cada lector ou lectora.
  • preparar lectores para formar parte do club de lectura de adultos
  • seguir avanzando na inclusión socioeducativa

 

II Xornadas de Atención á Diversidade

11 de novembro 

Anotade esta data nas vosas axendas porque Asociación Andaina organiza por segundo ano as xornadas de atención á diversidade dirixidas a familias e profesionais, con ponencias que abordan a inclusión educativa, parques e patios dinámicos, o procesamento sensorial, a educación sexual na infancia e na adolescencia.

Para facer a inscrición debedes seguir estes pasos:

  1. Encher a ficha de inscrición online nesta ligazón, unha ficha de inscrición por persoa , preme aquí.
  2. Realizar o pagamento neste número de conta da asociación                                   ES 88 2100 2989 1502 00076790   facendoo coincidir co nome da inscrición.
  3. Podedes enviar o xustificante de pagamento ao correo electrónico asociacionandainaredondela@gmail.com ou ben mandalo por wassap ao número da asociación.

Programa e horarios:

Vémonos o 11 de novembro no Multiusos da Xunqueira!

Galería da V Gala de entrega de Premios 2017

As imaxes revelan só unha pequena parte de toda a emoción que se viviu na gala de entrega de premios.

Queremos agradecer a vosa presenza, tan importante para todos nós. Grazas tamén a tod@s os que o fixestes posible: Cristina Maró, Caramuxo vermello, Cuchi Carreira.

Por último, o noso aplauso para os verdadeiros protagonistas dos que nos sentimos orgullosos, bravo por todos vós!  Álex, Laura, Javi, Clara e Aarón.

 

O pase de diapositivas require JavaScript.

Redondela en curto e Sección Andaina. Cine, educación, diversidade.

Acaba de rematar o 13 Festival Nacional de Curtametraxes e o primeiro que queremos facer e agradecer un ano máis á organización de Redondela en curto o compromiso co cine, a cultura a diversidade e a educación.

Facemos un repaso en imaxes da actividade de toda a semana.

Martín de la Puente, tricampeón junior do mundo en tenis,  inaugurou o festival dentro da sección “Cine no Ensino” que promove a asociación Andaina. 

Aos pases para escolares asistiu o alumnado dos concellos de Redondela, Soutomaior e Vigo: CEP Santa Mariña, Colegio Vigo, CEP Quintela, CEIP Curros Enriquez, CPI Martín Padin Truiteiro, Colexio Santiago apóstol, CEE Saladino Cortizo, IES San Simon, IES Floriani,  IES Mendiño, CEE Panxon e Asociacion Lenda.

Tamén puideron escoitar a Sissi Freire, persona cega e nai dunha nena con diversidade funcional, o seu lema na vida: “a vida non ten que ser perfecta para ser marabillosa!”

Ao finalizar as alumnas e alumnos recibiron cadanseu agasallo,

 

Cine na escola rematou con pases para estudantes de Integración social do IES María Auxiliadora, do IES San José de la Guía e CIFP A Xunqueira e estudiantes do ciclo de infantil e atención a persoas dependentes de IES de Chapela.

Como novidade desta edición fíxose unha mesa redonda tras as curtametraxes baixo o título ” Situación da dependencia e Integración Social” na que participaron, achegaron as súas experiencias e resolveron as dúblidas dos estudantes:  Paula Verde, Alex Gómez, Uxío Pérez e Pedro López.

O festival rematou o domingo cun pase no local social de Andaina e coa entrega de premios no Multiusos de Redondela.

De dereita a esquerda: Cuchi Carreira, director do festival e Antonio García, presidente de Asociación Andaina.

Ata o ano que ven!

A convocatoria para traballos realizados por centros escolares declarouse deserta, o premio da sección Andaina dotado con 500 euros foi para “Ni dos ni cuatro” de Sergi González.  Parabéns!

Redondela TV

Redondela vivirá unha semana de cine

Lara Naya, tesoureira de Asociación Andaina, falando sobre a sección de cine.

Semana de cine na vila

Páxina da asociación en facebook .