Por segundo ano consecutivo Asociacion Andaina consigue premio ao equipo máis animado na carreira de Integracion EnkiProyecto.
Grazas a tod@s!
Por segundo ano consecutivo Asociacion Andaina consigue premio ao equipo máis animado na carreira de Integracion EnkiProyecto.
Grazas a tod@s!
Un ano máis Redondela en Curto e Asociación Andaina colaboran nunha nova edición do festival redondelán. Aquí atoparedes toda a información: Redondela En Curto.
Agardámosvos!
*A charla do día 26 de abril será a cargo de Chano Rodríguez, medallista olímpico.
O venres 24 celebrouse a xuntanza anual de socias e socios de Asociación Andaina, na que se resentou a memoria das actividades e económica de 2016, ademáis dos proxectos e actividades para 2017 que se englobarán en tres liñas de actuación: terapéuticas, sociais e de accesibilidade.
Dende a xunta directiva queremos agradecer a vosa asistencia.
Lembrámosvos os nosos obxectivos que teñen como finalidade mellorar a vida das persoas con diversidade e as súas familias:
Deixamos algunhas das imaxes da conmemoración do pasado sábado. Foron moitas as persoas que se achegaron ao acto organizado por Asociación Andaina para acompañarnos na visibilización das persoas con diversidade. Grazas a tod@s!
Un momento do flashmob
O photocall
Xuntanza na nosa sede social para recuperar as forzas cun chocolate quentiño!
Asociación Andaina conmemorará o Día Internacional da Diversidade Funcional o sábado cunha festa pola diversidade en Redondela:
Flashmob: bailando pola diversidade
Photocall: foto pola diversidade
Para finalizar cunha solta de globos e chocolatada.
Lembrade SÁBADO 3 DECEMBRO AS 17:30 h na Praza da Constitución en Redondela, ao lado do Concello.
Ademáis todas as persoas que o desexedes podedes apoiar a nosa acción ao longo desta semana enviando ao facebook da asociación ou ao correo electrónico unha foto coas mans levantadas e o lema “Estamos capacitados” para colaborar na visibilización .
Animádevos!
Asociación Andaina traballa polos dereitos das nenas e nenos con diversidade e as súas familias.
Unha tarde terrorífica en compañía de esqueletes, Dráculas, bonecas diabólicas, bruxas, ata tivemos á familia de Frankenstein ao completo!
Pasámolo de medo….
Asociación Andaina traballa polos dereitos das nenas e nenos con diversidade e as súas familias.
Asociación Andaina de Redondela organiza as I Xornadas Andaina de Atención á Diversidade o 8 de Outubro no Multiusos da Xunqueira en Redondela.
Inscribete e participa!
Para formalizar a inscrición debedes descargar e cubrir esta FICHA INSCRIPCIÓN e enviala por correo electrónico a andainaredondela@hotmail.com antes do 30 de setembro.
No díptico tedes toda a información:
Un ano máis a xornada de convivencia para as familias de Asociación Andaina foi todo un éxito, un día moi agradable no que puidemos disfrutar de actividades ao aire libre.
Se queredes facer memoria as convivencias de anos anteriores: 2014, setembro 2012, xullo 2012.
Non vos olvidedes de visitar a nosa páxina en Facebook.
Un ano máis, na súa XII edición, o Festival Nacional de Curtametraxes Redondela en Curto colabora con Asociación Andaina trasladando así á sociedade local a necesidade de visibilizar a realidade das persoas con diversidade funcional.
O festival celebrarase entre os días 21 e 24 de abril no Multiusos da Xunqueira.
Se queredes ir abrindo boca Facebook Redondela en curto Sala de Cine, Asociación Andaina Redondela.