Xuntanza anual de soci@s de Asociación Andaina

O venres 24 celebrouse a xuntanza anual de socias e socios de Asociación Andaina, na que se resentou a memoria das actividades e económica de 2016, ademáis dos proxectos e actividades para 2017 que se englobarán en tres liñas de actuación: terapéuticas, sociais e de accesibilidade.

Dende a xunta directiva queremos agradecer a vosa asistencia.

Lembrámosvos os nosos obxectivos que teñen como finalidade mellorar a vida das persoas con diversidade e as súas familias:

  • Dar apoio e asesoramento.
  • Realizar actividades complementarias á educación regrada.
  • Acadar a inclusión social actuando fundamentalmente a nivel local.
  • Difundir, concienciar e sensibilizar.
  • Velar polos dereitos das nenas e nenos con diversidade para que poidan construir o seu futuro en condicións de igualdade plena.
Advertisements

Visibilizamos a diversidade

Deixamos algunhas das imaxes da conmemoración do pasado sábado. Foron moitas as persoas que se achegaron ao acto organizado por Asociación Andaina para acompañarnos na visibilización das persoas con diversidade. Grazas a tod@s!

Un momento do flashmob

3

A solta de globos
1

O photocall

5

Xuntanza na nosa sede social para recuperar as forzas cun chocolate quentiño!

chocolatada

3 de decembro: Día Internacional da Diversidade Funcional

Asociación Andaina conmemorará o Día Internacional da Diversidade Funcional o sábado cunha  festa pola diversidade en Redondela:

Flashmob: bailando pola diversidade
Photocall: foto pola diversidade
Para finalizar cunha solta de globos e chocolatada.

Lembrade SÁBADO 3 DECEMBRO AS 17:30 h na Praza da Constitución en Redondela, ao lado do Concello.

Ademáis todas as persoas que o desexedes podedes apoiar a nosa acción ao longo desta semana enviando ao facebook da asociación ou ao correo electrónico unha foto coas mans levantadas e o lema “Estamos capacitados” para colaborar na visibilización .

Animádevos!

Asociación Andaina traballa polos dereitos das nenas e nenos con diversidade e as súas familias.

15202611_1185602014860077_1344282310306335009_n

Samaín en Andaina

Unha tarde terrorífica en compañía de esqueletes, Dráculas, bonecas diabólicas, bruxas, ata tivemos á familia de Frankenstein ao completo!

Pasámolo de medo….

Asociación Andaina traballa polos dereitos das nenas e nenos con diversidade e as súas familias.

This slideshow requires JavaScript.

I Xornadas Andaina de Atención á Diversidade

Asociación Andaina de Redondela organiza as I Xornadas Andaina de Atención á Diversidade8 de Outubro no Multiusos da Xunqueira en Redondela.

Inscribete e participa!

Para formalizar a inscrición debedes descargar e cubrir esta FICHA INSCRIPCIÓN e enviala por correo electrónico a andainaredondela@hotmail.com antes do 30 de setembro.

No díptico tedes toda a información:

Cartel Xornadas Diversidad Definitivo

Díptico Andaina Definitivo x15 (1)