dereito a escoller, vida independente, vivendas integradas, apoios específicos, proxectos de vida, mediación, axudas, metas, desexos, pontes, novos modelos, retos, liberdade…
dereito a escoller, vida independente, vivendas integradas, apoios específicos, proxectos de vida, mediación, axudas, metas, desexos, pontes, novos modelos, retos, liberdade…
O venres 11 de marzo en xunta xeral renovouse a dirección de Asociación Andaina, quedando como segue:
Antonio García- Presidente
Aitana Gosalvez- Vicepresidenta
Lara Naya- Tesoureira
Minerva Roo- Secretaria
Cristina Troitiño- Vocal
Alberto Iglesias- Vocal
O horario de atención no local social é os luns de 18:00 a 20:00 ou no número de contacto.
Un ano máis Andaina na XII convocatoria de Redondela en Curto.
Redondela en Curto, único certame audiovisual galego cunha sección adicada as mellores produccións nacionais sobre diversidade funcional dará comezo este xoves. Unha edición máis do festival e unha máis tamén da sección Andaina. Aquí poderedes atopar toda a información relativa ao concurso e a de anos anteriores.
Non vos perdades esta fin de semana as proxeccións dos finalistas!
Queremos agradecer á organización de Redondela en Curto o seu compromiso coa nosa asociación.
Mañá é un día para visibilizar o Trastorno do Espectro do Autismo. Sumádevos á campaña de concienciación e colocade globos azuis nas vosas ventás ou balcóns.
Cada ano son máis as persoas, comercios e organismos públicos que se unen na nosa vila.
Moitas grazas dende Asociación Andaina polo voso compromiso.