19 de xullo, día de convivencia en Pousadouro

imagen pousadouroO vindeiro sábado 19 celebraremos como nos últimos anos un día de convivencia en Pousadouro para xuntarnos e compartir xogos, comida e bos ratos.

O día está especialmente planificado para as nenas e nenos que poderán vir acompañados dos seus familiares:

– 12:15 Obradoiros de manualidades

-14:30 Xantar, cada familia traerá o seu. Concurso de postres elaborados polas nais e/ou pais.

_Pola tarde haberá hinchables, música e xogos variados. Non é necesario levar merenda.

Sobre as 20:00 remate da xornada.

Se estades interesados anotádevos a través do watsapp de Andaina ou no correo da asociación.

Deixamosvos os videos de xornadas anteriores.

Nova xunta directiva

O pasado 30 de Xaneiro celebrouse no Multiusos da Xunqueira de Redondela unha asemblea extraordinaria da Asociación Andaina coa elección de xunta directiva como único punto do día.

Os integrantes da nova xunta:

Presidente –                Antonio García                                                                           

Vicepresidenta –         Aitana Gosalbez

Secretario –            Xosé Manuel Durán

Tesorera –                   Lara Paula Naya

Vocal –                        Flor Dopico