Este xoves, como despedida das clases de musicoterapia, Andrea Navarrete, a mestra musicoterapeuta, invítanos a tódolos socios e socias a participar nunha clase familiar, na que poderemos compartir cos alumnos que asisten habitualmente as suas experiencias.
Será o xoves 20 no auditorio da Xunqueira de 17:00 a 18:00. Haberá que asistir con roupa cómoda, prégase puntualidade.
Agradeceríamos que confirmedes a vosa asistencia e cantos membros participarán.