Obradoiro de Nadal

obradoiro nadal

O pasado 15 de decembro organizamos un obradoiro matinal de decoración navideña no que @s nos@s nen@s pasaron un bo rato coa axuda de Vanesa, Angeles e Bea.

Primeiro comezamos por unha presentación da actividade e un repaso dos materiais que tiña cada un para facer a árbore de Nadal.

As monitoras deron as instruccións pasiño a pasiño para que todos puidesen seguir o proxecto ao seu ritmo. Todos os participantes traballaron moi ben e, sobre todo, con moita ilusión.

Ao final puideron levar as súas creacións para compartilas coas súas familias.

Disfrutaron deste obradoiro os habituais: Iván, Ismael Osa, Alex Pais, Aarón García, Alex e Manuel,  e unha nova socia, Laura, á que dende aquí lle damos a benvida.

obradoiro nadal 2

 

 

 

Obradoiro de habilidades sociais

Remata a primeira parte do noso obradoiro de habilidades sociais para facer un descanso ata despois de Nadal. Este trimestre traballamos tres aspectos fundamentais:

  1. a aceptación de normas.
  2. os sentimentos a través dos xestos, da mirada ou as posturas por exemplo.
  3. o compañerismo a través de xogos e fichas de traballo.

HHSS andaina