E aquí tedes unha pequena mostra da que foi unha tarde divertidísima: disfraces, magosto, contacontos, obradoiro de cabazas e sobre todo moitas ganas de compartir bos momentos coa familia e os amigos.
Arquivo por etiquetas: asociación andaina redondela
Samaín en Asociación Andaina
Asociación Andaina asiste ás III xornadas de Por Dereito
Unha representación de Asociación Andaina asistiu onte ás xornadas que celebra anualmente a ASOCIACIÓN POR DEREITO, esta vez baixo o título “Pensando nos adultos e nos pequechos con TEA”.
A celebración de eventos como este axudan a visibilizar aos nosos fillos, axudan tamén a sensibilizar á poboación en xeral e significan unha oportunidade valiosísima para seguir aprendendo.
Quedámonos cunha palabra que presidiu as sesións da mañá: a ETICA imprescindible para abordar con respeto os dereitos das persoas con discapacidade. A ética apoiase á súa vez na dignidade e na igualdade, dereitos fundamentais de TODAS as persoas.
Como reflexión do día despois deixamos esta afirmación que escoitamos onte “Se queres saber o que cree unha persoa non te fixes no que di, fíxate no que fai” e engadimos que a sociedade no seu conxunto comezando polas administracións públicas ten que dar ese paso e comprometéndose de verdade, facendo non só dicindo.