Redondela en curto e Sección Andaina. Cine, educación, diversidade.

Acaba de rematar o 13 Festival Nacional de Curtametraxes e o primeiro que queremos facer e agradecer un ano máis á organización de Redondela en curto o compromiso co cine, a cultura a diversidade e a educación.

Facemos un repaso en imaxes da actividade de toda a semana.

Martín de la Puente, tricampeón junior do mundo en tenis,  inaugurou o festival dentro da sección “Cine no Ensino” que promove a asociación Andaina. 

Aos pases para escolares asistiu o alumnado dos concellos de Redondela, Soutomaior e Vigo: CEP Santa Mariña, Colegio Vigo, CEP Quintela, CEIP Curros Enriquez, CPI Martín Padin Truiteiro, Colexio Santiago apóstol, CEE Saladino Cortizo, IES San Simon, IES Floriani,  IES Mendiño, CEE Panxon e Asociacion Lenda.

Tamén puideron escoitar a Sissi Freire, persona cega e nai dunha nena con diversidade funcional, o seu lema na vida: “a vida non ten que ser perfecta para ser marabillosa!”

Ao finalizar as alumnas e alumnos recibiron cadanseu agasallo,

 

Cine na escola rematou con pases para estudantes de Integración social do IES María Auxiliadora, do IES San José de la Guía e CIFP A Xunqueira e estudiantes do ciclo de infantil e atención a persoas dependentes de IES de Chapela.

Como novidade desta edición fíxose unha mesa redonda tras as curtametraxes baixo o título ” Situación da dependencia e Integración Social” na que participaron, achegaron as súas experiencias e resolveron as dúblidas dos estudantes:  Paula Verde, Alex Gómez, Uxío Pérez e Pedro López.

O festival rematou o domingo cun pase no local social de Andaina e coa entrega de premios no Multiusos de Redondela.

De dereita a esquerda: Cuchi Carreira, director do festival e Antonio García, presidente de Asociación Andaina.

Ata o ano que ven!

A convocatoria para traballos realizados por centros escolares declarouse deserta, o premio da sección Andaina dotado con 500 euros foi para “Ni dos ni cuatro” de Sergi González.  Parabéns!

Redondela TV

Redondela vivirá unha semana de cine

Lara Naya, tesoureira de Asociación Andaina, falando sobre a sección de cine.

Semana de cine na vila

Páxina da asociación en facebook .


Advertisements