Acabamos de rematar un ano que para Andaina foi o principio de varios proxectos que terán continuación durante o 2013. Son as actividades que citamos a continuación, todas elas impártense no Multiusos da Xunqueira:
- Reforzo Escolar: ( aínda que a profe Marta non nos deu vacacións…) a partir de xaneiro seguimos coas clases dos mércores as 18:30h
.
- Musicoterapia: retomaremos de novo as sesións no mes de febreiro, os xoves de 17:00 a 18:00 con Andrea Navarrete.
- Habilidades Sociais: rematamos a primeira parte, e despois dun
merecido descanso, iniciamos unha segunda parte co seguinte
calendario, sempre os venres as 19:30h.
O grupo de pequenos (de 4 a 9 anos)
con Vanesa aos mandos, seran os primeiros en comenzar nas seguintes datas:
Xaneiro 11 e 25; Febreiro 8 e 22; Marzo 8 e 22; Abril 12 e 26; Maio
10 e 31; Xuño 14 e 28
. Os maiores (de 9 a 15 anos)
comandados por Ángeles, comenzaran coas seguintes datas:
Xaneiro 18; Febreiro 1 e 15; Marzo 1 e15; Abril 5 e 19; Maio 3 e 24;
Xuño 7 e 21.
Lembrámosvos que as actividades están abertas a tódalas nenas e nenos con necesidades especiais, soci@s ou non, e que nos
grupos de Habilidades Sociais aínda pode haber novas
incorporacións, namentras que en reforzo e musicoterapia, pódense facer novos grupos cando haxa un mínimo de nen@s.
Animádevos a participar!

0.000000
0.000000