“El amor a los 20 años” gañadora

sofía

Esta é a curtametraxe gañadora da sección Andaina na décima edición do festival Redondela En Curto.

El amor a los 20 años, dirixida por Javier R. Espinosa e producida por Asombra Films, reflexa con nitidez o lugar que se lles da ás persoas con diversidade funcional na nosa sociedade.

Sofía é unha moza de 20 anos, que ten unha vida moi similar a outras persoas da súa idade pero condicionada polo feito de ter síndrome de down. Os seus desexos de relacionarse e vivir como unha máis vense limitados polos prexuízos das persoas neurotípicas.

Podedes consultar aquí a ficha técnica.

Queremos agradecer á organización do festival, especialmente ao seu director Fernando Carreira, o compromiso con Andaina para darlle visibilidade á discapacidade a través do bo cine.