Programa de actividades Andaina hoxe na prensa

andaina en prensaHoxe saímos na prensa, como podedes comprobar aínda estades a tempo de reservar unha praza para anotar as vosas fillas ou fillos en calquera das actividades que ofertamos:

  • curso de habilidades sociais
  • clases de reforzo escolar
  • terapia asistida con cans
  • musicoterapia
  • psicomotricidade

Animádevos e facede as vosas consultas no teléfono 698 126 334.

Nova xunta directiva

O pasado 30 de Xaneiro celebrouse no Multiusos da Xunqueira de Redondela unha asemblea extraordinaria da Asociación Andaina coa elección de xunta directiva como único punto do día.

Os integrantes da nova xunta:

Presidente –                Antonio García                                                                           

Vicepresidenta –         Aitana Gosalbez

Secretario –            Xosé Manuel Durán

Tesorera –                   Lara Paula Naya

Vocal –                        Flor Dopico

Gran éxito de participación no Iº Certame de Debuxo da Asociación Andaina

andaina debuxo defQue contentos estamos os da Asociación Andaina, nada menos que 250 foron os orixinais que hoxe mesmiño tivemos nas mans os do xurado deste certame de debuxo, que pretende educar na diversidade ao alumnado de primaria do concello de Redondela e limítrofes.

Abraiados pola cantidade mais tamén pola calidade dos traballos presentados e agradecidos aos centros participantes; ao Ceip Alexandre Bóveda, ao Colegio Vigo, ao Cep Santa Mariña e ao Ceip Outeiro das Penas, e moi especialmente aos futuros médicos, electricistas, coidadores, mestras, mestres  e compañeiros dos nosos fillos, que amosaron sensibilidade e talento a partes iguais.

O premio farase público o vindeiro 28 de abril, nun acto a celebrar no Multiusos de Redondela.

Premio Andaina Redondela a obras audiovisuais

ImaxeOs da Asociación Andaina Redondela estamos de estrea.  Comezamos a difusión das bases do Premio Andaina Redondela a obras audiovisuais, que semella ser o primeiro certame nacional de curtametraxes, dirixido ao ámbito escolar e adicado á discapacidade, mais sobre todo á integración, á concienciación e á sensibilización sobre a realidade que viven as persoas afectadas e as súas familias, cuns problemas e cunha loita que queremos facer ben visibles.

Diriximos este premio ao ensino secundario de todo o estado, queremos movilizar xa mesmo as conciencias dos que van ser os tendeiros, os xuíces, os lexisladores, os educadores e os médicos, os que terán na súa man facer da nosa sociedade un lugar onde a atención á diversidade sexa unha prioridade básica.

O noso premio vai integrado no certame Redondela en curto, o prestixioso festival que este ano cumpre xa a súa 9ª edición.  Non temos máis que palabras de agradecemento para Fernando Carreira, o director do festival, que acolleu a nosa proposta de colaboración como súa propia. Aquí tedes as bases en galego e en castelán, o prazo remata o 30 de marzo.  Ánimo!

 AVISO IMPORTANTE:  Prazo prorrogado ata o 20 de abril

Planetamóvil

Poñemos en coñecemento de tod@s @s soci@s que dende a Concellaría de Servizos Sociais, Muller e Igualdade do concello de Redondela enviousenos a seguinte proposta para participar na actividade Planetamóvil.

Celebrarase no Multiusos de Redondela do 7 ao 17 de agosto con proxeccións ás 10:30, 11:30 e 12:30 cunha duración aproximada de 15 minutos. A través destas proxeccións nunha cúpula hinchable tratarase de achegar aos máis pequenos o coñecemento da natureza dende diferentes ópticas.

Esta é unha actividade gratuíta enfocada para realizar en familia (menores co pai e coa nai, avó, avoa…) e apta para todos os públicos. 

Para máis información podedes dirixirvos ao CIM do concello (Centro de Información ás Mulleres), na rúa Isidoro Queimaliños, núm. 2 , ou chamando ao 986 40 80 43.

 

Arte do posible

Moitas son as definicións que se fixeron ao longo da historia da palabra política. Despois de ter repasado algunhas delas preferimos quedarnos coa que di que a política é a xestión do ben común ou a arte do posible.

Pois ben, definíndonos así, continuamos afirmando que non hai ben máis común que o futuro d@s nos@s nen@s. O futuro de tod@s. Facemos esta reflexión  porque algúns d@s nen@s da nosa asociación están participando nos campamentos de verán organizados polo concello.

Apostar pola integración d@s nen@s con necesidades especiais sempre contando cos apoios necesarios é unha aposta de futuro. É demostrar que cremos nunha sociedade presente e futura mellor. Andaina traballa por todo un colectivo de nen@s na comarca de Redondela co obxectivo de facer posible unha inclusión feita nas mellores condicións. E por iso que traballamos pol@s nos@s pequen@s,  facilitarlles agora os soportes necesarios significa que poderán desenvolverse ao seu ritmo deixando algún día eses soportes.

Garantir aos colectivos máis desfavorecidos os seus dereitos debe ser unha prioridade para poder dicir finalmente que a política é a arte do posible.