“El amor a los 20 años” gañadora

sofía

Esta é a curtametraxe gañadora da sección Andaina na décima edición do festival Redondela En Curto.

El amor a los 20 años, dirixida por Javier R. Espinosa e producida por Asombra Films, reflexa con nitidez o lugar que se lles da ás persoas con diversidade funcional na nosa sociedade.

Sofía é unha moza de 20 anos, que ten unha vida moi similar a outras persoas da súa idade pero condicionada polo feito de ter síndrome de down. Os seus desexos de relacionarse e vivir como unha máis vense limitados polos prexuízos das persoas neurotípicas.

Podedes consultar aquí a ficha técnica.

Queremos agradecer á organización do festival, especialmente ao seu director Fernando Carreira, o compromiso con Andaina para darlle visibilidade á discapacidade a través do bo cine.

Advertisements

Redondela en Curto coa diversidade funcional: compromiso activo do festival nacional de curtametraxes

E un ano máis na súa X edición o festival redondelá de curtametraxes de referencia no panorama nacional comprométese activamente coa nosa asociación e faille espazo á diversidade funcional.

A sección Andaina será o sábado 26 ás 16:45 . A presentación correrá a cargo de Loira Fernández, ouro e récord de España en 100 bolboreta, ouro e prata en 200 libres en competición Síndrome de Down.

redondela en curto

Exposición de debuxo

Xa se pode visitar a exposición de debuxos do noso concurso escolar.
250 traballos de pequenos xenios que son un exemplo para todos nós pola súa forma de ver ás persoas con necesidades especiais.
Recoméndovos que vos acheguedes ata o Multiusos da Xunqueira, a partir de mañá xoves, e ata a semana que ven.
Tamén deixamos a ligazón ao cartel de Redondela en Curto con horarios dos pases, nos que está incluida a sección Andaina, na que se proxectaran curtametraxes cuxo tema principal son as necesidades especiais.