Quen somos

ANDAINA é unha asociación de acción social, sen ánimo de lucro, que atende a persoas con necesidades especiais.  Entendemos por necesidades especiais todas aquelas derivadas de calquera enfermidade, síndrome, trastorno ou patoloxía que fan que a persoa que as padeza necesite dunha atención especial, ben sexa por motivos físicos, sensoriais, cognitivos ou educativos.

O noso ámbito de actuación é principalmente o concello de Redondela mais atendendo tamén ás necesidades dos concellos limítrofes.

A asociación está formada por todos aqueles socios con necesidades específicas, así como polos seus familiares, dando cabida tamén a socios colaboradores, voluntarios e profesionais especializados nos obxectivos que nos ocupan.

A xunta directiva está formada polos seguintes membros:

Presidente:  Antonio García

Vicepresidenta: Aitana Gosalbez

Secretaria: Minerva Roo

Tesoureira: Lara Paula Naya

Vogais: Cristia Troitiño e Alberto Iglesias. 

2 opinións sobre “Quen somos

  1. A mi encantame moito que axudedes esos nenos, eu os apoio e os dou toda miña confianza.Eu os axudarei no que poida

Deixar un comentario