Curtametraxes e diversidade funcional. Redondela en Curto 2015

redondela en curto 1Redondela en Curto, único certame audiovisual galego cunha sección adicada as mellores produccións nacionais sobre diversidade funcional dará comezo este xoves. Unha edición máis do festival e unha máis tamén da sección Andaina. Aquí poderedes atopar toda a información relativa ao concurso e a de anos anteriores.

Non vos perdades esta fin de semana as proxeccións dos finalistas!

Queremos agradecer á organización de Redondela en Curto o seu compromiso coa nosa asociación.

2 de abril. Día mundial de concienciación do autismo en Redondela

Mañá é un día para visibilizar o Trastorno do Espectro do Autismo. Sumádevos á campaña de concienciación e colocade globos azuis nas vosas ventás ou balcóns.

Cada ano son máis as persoas, comercios e organismos públicos que se unen na nosa vila.

Moitas grazas dende Asociación Andaina polo voso compromiso.
collage