Premio Andaina Redondela a obras audiovisuais

ImaxeOs da Asociación Andaina Redondela estamos de estrea.  Comezamos a difusión das bases do Premio Andaina Redondela a obras audiovisuais, que semella ser o primeiro certame nacional de curtametraxes, dirixido ao ámbito escolar e adicado á discapacidade, mais sobre todo á integración, á concienciación e á sensibilización sobre a realidade que viven as persoas afectadas e as súas familias, cuns problemas e cunha loita que queremos facer ben visibles.

Diriximos este premio ao ensino secundario de todo o estado, queremos movilizar xa mesmo as conciencias dos que van ser os tendeiros, os xuíces, os lexisladores, os educadores e os médicos, os que terán na súa man facer da nosa sociedade un lugar onde a atención á diversidade sexa unha prioridade básica.

O noso premio vai integrado no certame Redondela en curto, o prestixioso festival que este ano cumpre xa a súa 9ª edición.  Non temos máis que palabras de agradecemento para Fernando Carreira, o director do festival, que acolleu a nosa proposta de colaboración como súa propia. Aquí tedes as bases en galego e en castelán, o prazo remata o 30 de marzo.  Ánimo!

 AVISO IMPORTANTE:  Prazo prorrogado ata o 20 de abril

La Caixa fai unha doazón económica á nosa asociación

A asociación Andaina agradece a La Caixa a doazón que fixo recentemente e que supón unha axuda moi importante para continuar co noso proxecto.

la caixaA obra Social  La Caixa, a través da sua oficiña de Redondela, fixo entrega a Asociación Andaina, dunha doazón de 3000€ que servirán para dar continuidade ao  programa de actividades que esta entidade ven desenvolvendo na nosa vila.

Andaina traballa en prol das nenas e nenos con necesidades especiais da comarca Redondelá, e da atención a unha treintena de familias que se favorecerán deste importante apoio, o cal garantiza retomar as actividades que a finais de ano corrían perigo de desaparecer pola falta de subvencións públicas. Os programas que leva a cabo Andaina, cubren necesidades deste colectivo e complementan o desenvolvemento terapéutico e educativo d@s nen@s. Neste momento estase a traballar con dous obradoiros de Habilidades sociais, un aula de Musicoterapia e un programa de Reforzo educativo.

 A obra Social La Caixa, unha vez máis, aposta por apoiar aos máis desfavorecidos   ofrecendo medios para conseguir a súa  total integración e igualdade, obxectivo fundamental da Asociación Andaina que nos seus dous primeiros anos de vida sitúase como un referente  na atención específica á infancia na comarca de Redondela.