Category Archives: Uncategorized
FIC Andaina 2018
Club de lectura fácil, creando espazos lectores inclusivos.
No mes de abril Asociación Andaina organiza un club de lectura fácil, unha nova iniciativa en colaboración co Concello de Redondela, a Biblioteca Pública Municipal e a Fundación Filomena Rivero Alonso.
O club de lectura estará destinado a persoas con distintas capacidades lectoras e/ou dificultades de comprensión e será dinamizado pola traballadora social de Andaina e unha persoa voluntaria, terá periodicidade mensual.
Os obxectivos desta proposta son os seguintes:
- crear un novo espazo lector inclusivo na BPM de Redondela
- ofrecer un servizo adaptado ás necesidades de cada lector ou lectora.
- preparar lectores para formar parte do club de lectura de adultos
- seguir avanzando na inclusión socioeducativa
II Xornadas de Atención á Diversidade
11 de novembro
Anotade esta data nas vosas axendas porque Asociación Andaina organiza por segundo ano as xornadas de atención á diversidade dirixidas a familias e profesionais, con ponencias que abordan a inclusión educativa, parques e patios dinámicos, o procesamento sensorial, a educación sexual na infancia e na adolescencia.
Para facer a inscrición debedes seguir estes pasos:
- Encher a ficha de inscrición online nesta ligazón, unha ficha de inscrición por persoa , preme aquí.
- Realizar o pagamento neste número de conta da asociación ES 88 2100 2989 1502 00076790 facendoo coincidir co nome da inscrición.
- Podedes enviar o xustificante de pagamento ao correo electrónico asociacionandainaredondela@gmail.com ou ben mandalo por wassap ao número da asociación.
Programa e horarios:
Vémonos o 11 de novembro no Multiusos da Xunqueira!
Galería da V Gala de entrega de Premios 2017
As imaxes revelan só unha pequena parte de toda a emoción que se viviu na gala de entrega de premios.
Queremos agradecer a vosa presenza, tan importante para todos nós. Grazas tamén a tod@s os que o fixestes posible: Cristina Maró, Caramuxo vermello, Cuchi Carreira.
Por último, o noso aplauso para os verdadeiros protagonistas dos que nos sentimos orgullosos, bravo por todos vós! Álex, Laura, Javi, Clara e Aarón.