Exposición de debuxo

Xa se pode visitar a exposición de debuxos do noso concurso escolar.
250 traballos de pequenos xenios que son un exemplo para todos nós pola súa forma de ver ás persoas con necesidades especiais.
Recoméndovos que vos acheguedes ata o Multiusos da Xunqueira, a partir de mañá xoves, e ata a semana que ven.
Tamén deixamos a ligazón ao cartel de Redondela en Curto con horarios dos pases, nos que está incluida a sección Andaina, na que se proxectaran curtametraxes cuxo tema principal son as necesidades especiais.

Gran éxito de participación no Iº Certame de Debuxo da Asociación Andaina

andaina debuxo defQue contentos estamos os da Asociación Andaina, nada menos que 250 foron os orixinais que hoxe mesmiño tivemos nas mans os do xurado deste certame de debuxo, que pretende educar na diversidade ao alumnado de primaria do concello de Redondela e limítrofes.

Abraiados pola cantidade mais tamén pola calidade dos traballos presentados e agradecidos aos centros participantes; ao Ceip Alexandre Bóveda, ao Colegio Vigo, ao Cep Santa Mariña e ao Ceip Outeiro das Penas, e moi especialmente aos futuros médicos, electricistas, coidadores, mestras, mestres  e compañeiros dos nosos fillos, que amosaron sensibilidade e talento a partes iguais.

O premio farase público o vindeiro 28 de abril, nun acto a celebrar no Multiusos de Redondela.